Visitas guiadas teatralizadas

Dende o Vello Cárcere queremos anunciarvos que xa comezaron as visitas guiadas teatralizadas!

Mediante as  visitas teatralizadas, realizadas por Achádego Teatro, podedes coñecer a historia do noso centro da man dalgúns dos seus protagonistas, entre os que están: Nemesio Cobreros, Enriqueta Otero, Rafael de Vega, Gregorio Sanz…

Para participar nelas é necesario facer unha inscrición previa, que estará dispoñible unha vez se anuncie a data de cada unha das próximas visitas, que serán durante os meses de xullo e setembro.

Para máis información podedes chamar ao: 982 297 195

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará