O Espazo de Lecer é un servizo innovador de conciliación familiar pensado para que nenas e nenos de entre 3 e 8 anos poidan xogar e aprender nun espazo especialmente deseñado para elas e eles mentres as súas nais e/ou pais visitan o centro.
Dúas monitoras organizan continuamente diversas actividades e obradoiros a través dos cales as rapazas e rapaces afianzan unha serie de valores, así como conceptos relacionados coa historia do edificio e as exposicións que alberga, dun modo lúdico e educativo.
O horario deste espazo, que é totalmente gratuíto é o seguinte:
- Sábados, domingos e festivos: 11:00 a 14:00 h. e 17:30 a 20:30 h.