Saltar ao contido

Servizo Didáctico

O espazo didáctico de O Vello Cárcere, conformado por un equipo de profesionais do sector cultural, desenvolve un programa de actividades didácticas adaptadas a diferentes públicos (escolar, xuvenil, adulto e familiar). As actividades versan sobre a historia do edificio, a exposición permanente e as exposicións temporais, e o fondo da biblioteca. O espazo didáctico anhela converter o centro sociocultural nun lugar de referencia para o desenvolvemento do pensamento crítico e reflexión profunda de temas fundamentais como a memoria histórica, os dereitos humanos, o feminismo ou o papel da arte. O espazo didáctico ofertará visitas guiadas para centros educativos, asociacións culturais e demáis colectivos que teñan interese polas temáticas recollidas no Centro Sociocultural O Vello Cárcere. Estas reservas serán solicitadas por correo electrónico no seguinte enderezo: vellocarcere@lugo.gal Ditas reservas serán confirmadas en atención á disponibilidade das actividades do Centro.