Coa nova remodelación e reconversión en centro sociocultural de O Vello Cárcere, as celas, antigos espazos de reclusión, ábrense agora coma unha plataforma de difusión da arte de numerosos artistas, así como un espazo para a memoria histórica grazas á exposición permanente que xira entorno á guerra civil e á posguerra.
Na planta baixa do patio de homes atópanse as salas adicadas a exposición permanentes. O resto do edificio acolle exposicións de carácter temporal que se poden atopar no noso calendario.
Na zona das celas de mulleres existen, repartidas en dous andares, 21 celas/salas de exposición temporal. A zona de homes acolle na planta baixa a exposición permanente sobre a guerra civil e a posguerra, mentres que o primeiro e segundo andar constitúen salas de exposicións temporais, facendo un total de 26 celas.