Saltar ao contido

Tendal de Recomendacións

Nesta semana que celebramos o Día Mundial do Libro, o 23 de abril, é a data escollida para dar comezo co noso Tendal de Recomendacións, unha iniciativa xurdida coa finalidade de fomentar a lectura e dar a coñecer os fondos da Biblioteca de O Vello Cárcere. Con carácter mensual iremos colocando no Tendal as suxerencias de lecturas, que terán exemplares para todos os públicos, e ao mesmo tempo faremos unha publicación nas redes sociais sobre as memas. Este tendal sitúase na Recepción do Centro e todos os visitantes poderes ter acceso ao mesmo.

Ademáis lanzamos a iniciativa co cancelo #LibroSalvado para que a comunidade virtual participe tamén nesta proposta e nos faga achegas dos seus exemplares favoritos. O nome do cancelo débese ao acontecemento narrado por Miguel de Cervantes na súa obra máis célebre, Don Quixote da Mancha, onde un dos sucesos descritos é a queima dos libros causantes da tolemia do protagonista. Por iso, que libros salvarías ti?

Estas suxerencias serán recollidas é publicadas semanalmente, os domingos, nas historias do noso Instagram, quedando fixadas na burbulla Tendal Virtual. 

Divulguemos a Cultura entre todas e todos!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *