O doutor Rafael de Vega Barrera conta en Lugo cunha rúa que leva o seu nome. Nesta mesma rúa – que comunica as rúas Montero Ríos e Nicomedes Pastor Díaz – estaba situado o seu sanatorio e a súa vivenda persoal na época da II República.
En outubro do ano 2006 levouse a cabo unha homenaxe organizada pola ‘Asociación para a Dignificación das Vítimas do Fascismo’ na que se presentou a escultura do seu busto realizada pola artista luguesa María José Santiso.
Nesta ligazón podedes atopar mais información e ver imaxes da homenaxe. Se queredes ampliar os coñecementos sobre Rafael de Vega podedes visitar a páxina oficial que lembra a súa vida e obra.
