Saltar ao contido

Segredos con memoria: o testemuño de Claudio Rodríguez Fer

No ano 2018, varios familiares de presas e presos políticos da guerra civil e posguerra, foron invitados nun acto de recoñecemento ao O Vello Cárcere. Percorreron as estancias do centro penitenciario e metéronse na cela onde os seus antepasados estiveron recluídas e recluídos e, sentados nunha cadeira, contaron o que lembraban daquela terrible época. 

Tendo por aquel entón  estes familiares unhas idades moi temperás  (algunhas desta persoas nin sequera naceran), estas testemuñas constitúen a mirada mais inocente daquela etapa histórica: a mirada das crianzas ante unha realidade atroz.

No #segredosconmemoria de hoxe compartimos as lembranzas de Claudio Rodríguez Fernández explicando a difícil vida do seu pai  Claudio Rodríguez Rubio, sindicalista zamorano detido en 1945 e preso no cárcere de Lugo, onde pasou moitas penurias debido á súa claustrofobia e as condicións lamentables de inanición e falta de hixiene que sufrían os presos nese tempo.

As pezas audiovisuais, baixo o título ‘Vivencias’, foron elaboradas polo Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo e recollen testemuños de familiares de presas e presos encarcerados neste presidio durante a guerra civil e a represión franquista. Os documentais xunto con fotografías, documentos, noticias de xornais da época, obxectos pertencentes ás presas e presos e demais materiais forman parte da exposición permanente O Vello Cárcere: da guerra á posguerra’ que podedes visitar no noso centro.

Dentro dese recoñecemento ás vítimas queremos tamén enviar desde estas liñas a Claudio Rodríguez Fer e a todas as familias das presas e presos políticos unha forte e agarimosa aperta.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *