Saltar ao contido

Exposición temporal ‘Xeometrías’ – Josecho González

O pintor Josecho González (Carballo,1969) presenta a súa exposición temporal ‘Xeometrías’ na segunda planta das celas de mulleres.

Interesado dende a nenez no mundo plástico, é na madurez cando comeza a ter un contacto máis directo coa arte, realizando traballos autodidactas que lle permitiron atopar un estilo específico co que se identifica.

A súa obra está baseada na abstracción xeométrica, que se caracteriza polo uso de distintas formas xeométricas organizadas de maneira lóxica, onde a cor se converte no tema principal. De feito, esta é a que compón o cadro, conferíndolle ritmo e movemento. Crea así unha harmoniosa conxugación de plasticidade, cromatismo e forza formal.

Cada un dos seus cadros exprésase como unha obra en si mesma e non como unha representación dun concepto externo, coa cor e o fondo como protagonistas. Deste xeito, Josecho recupera as posibilidades da forma e a cor como medio pictórico, deixando ao observador que interactúe e interprete libremente o seu traballo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *