Saltar ao contido

Exposición temporal ‘Uterus siue uolua’ – Clara Martín

A escritora e ilustradora Clara Martín presenta, na segunda planta do bloque de mulleres, a exposición temporal Uterus siue uolua, unha mostra que reúne os collaxes que forman parte do poemario homónimo de Xulio Pardo de Neyra.

As súas composicións, que destacan pola potencia da cor e sobre todo pola gran carga simbólica das imaxes, configuran mundos e crean historias onde nada é o que parece.

Convidámosvos a visitala! Do 5 ao 31 de maio de 2023.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *