Saltar ao contido

Exposición temporal ‘Cabeza Man Corazón’ – EASD Ramón Falcón

👁️ CABEZA para a creatividade e a imaxinación

✋MAN para a habilidade e o oficio.

💙 CORAZÓN para a honestidade e o amor.

Nestas liñas se fundamenta a exposición temporal “CABEZA | MAN | CORAZÓN” que organiza a Escola de Arte Superior de Deseño Ramón Falcón polo seu 50 aniversario.

Unha colonia de máis de 100 artistas, profesionais, estudantes e docentes da arte e o deseño, que se traslada como un enxame de abellas laboriosas ata as celas de O Vello Cárcere para habitar esta colmea e amosar as súas obras nesta mostra colectiva.

Do 24 de marzo ao 30 de abril de 2023.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *