Saltar ao contido

Exposición temporal ‘As mulleres de Moxom’ – Moxom

 Exposición temporal ‘As mulleres de Moxom’ presenta unha serie de esculturas femininas realizadas polo artista ourensán Xosé Manuel Rodríguez Mojon, de nome artístico Moxom; palíndromo que parte do seu segundo apelido que fai referencia ao labor da súa dona, Maite, na confección destas obras.

Ao longo da mostra exhíbense diversas figuras de mulleres talladas en madeira de castiñeiro e salgueiro, entre outras árbores, nas que o uso da policromía engade sensualidade a cada peza. As formas naturais da materia prima son estratexicamente aproveitadas para recrear rostros pensantes, alegres, tristes e desafiantes que incluso poden chegar a evocar mundos fantásticos.

Poderá visitarse durante este mes de maio na primeira planta do panóptico.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *