Saltar ao contido

Campamento Urbano de Verán O Vello Cárcere

Para nenas e nenos sendo necesario que cumpran as dúas condicións: estar entre 3  e 12 anos e ter nacido entre o 2010 e o 2018.

As actividades organizaranse por quendas semanais de 20 prazas, entre o 23 de xuño e o 3 de setembro, en horario de mañá, entre as 10:15h. e as 13:45h

As familias interesadas poderán solicitar praza en ata tres semanas distintas, pechándose as inscricións de cada semana o venres da semana anterior ás 11:00 h. Sendo excepcional a primeira semana do 23 ao 27 de xuño, na que se admitirán solicitudes ata o martes día 22 de xuño ás 13:00h.

O impreso de solicitude de inscrición está dispoñible no Centro, e as bases do Campamento pódense consultar descargando o pdf.

Preme aquí para descargar as bases.

Máis información no 982 297 195

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *