Saltar ao contido

Residencias Paraíso: The3 H/Ostias

cenorias

O pasado día 4 de setembro tivemos a oportunidade de gozar da performance H/Ostia, resultado da residencia artística do colectivo The3 H/Ostias formado por Raquel Espada, Megan Hanley e Laura Villaverde no noso centro.

O colectivo The3H/Ostias abordan dende o performativo a emoción dos sucesos converténdose en puntos de inflexión nas nosas vidas, transformando a nosa realidade e sacándonos da nosa zona de confort.

As Residencias Paraíso son unas residencias artísticas promovidas polo Colectivo RPM e que teñen lugar en diferentes puntos da xeografía galega. En O Vello Cárcere albergamos, un ano máis, unha destas residencias tan importantes dentro do circuíto cultural galego.

A función principal destas residencias é dotar ás e aos artistas de espazos públicos onde levar a cabo os seus proxectos a través dun proceso de investigación artística. Os resultados destas creacións son exhibidos de maneira aberta ao público na procura de fortalecer o tecido cultural e artístico da sociedade galega.

mazá
corredor

A performance H/Ostia transcorreu por diferentes áreas do centro (panóptico, calabozos, celas, corredores) creando así una comunicación entre os corpos e os espazos. Partindo do concepto de hostia como interrupción vital -do pensamento lineal, do inesperado e incluso do absurdo-, contaron tamén coa colaboración de xente anónima que se prestaron a narrar as súas ‘hostias’. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *