Saltar ao contido

Adiviña adiviñanza sonoro (IX): a resposta

O #AdiviñaAdiviñanzaSonoro de onte describía ‘Le Baiser’ (O Bico), unha obra de aparente simplicidade do artista rumano-francés Constantin Brâncuși (Constantin Brancusi na grafía francesa). 

Nesta obra vemos dúas persoas que se funden nun bico e unha aperta, converténdose nunha soa figura que xorde dun único bloque de pedra que apenas está traballado. O bloque basto contrasta ca sinxeleza das formas vinculándose así ao arte primitivo que tanto gostaba ao artista e afastándose da representación realista e naturalista das formas.

Esta peza escultórica de pedra caliza datada en 1916 é unha das numerosas versións que fixo o artista, sendo a primeira en xeso entre 1907 e 1908, e tamén unha das máis recoñecidas deste escultor pertencente ao Movemento de Vangardas dos primeiros anos do século XX.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *