O Departamento Didáctico segue traballando na programación escolar ‘Un edificio con boa memoria’, pensada para os ciclos educativos de Primaria, Secundaria e estudos superiores. A través de distintos obradoiros e actividades, o alumnado coñecerá a historia deste singular edificio da nosa cidade.
Velaquí as propostas plantexadas, que son de balde e teñen unha duración estimada de 50 minutos, dependendo das necesidades dos centros:
- ‘Un Edificio con boa Memoria’: programa de visitas escolares dirixido e adaptado aos distintos ciclos de Educación Primaria, que trata a arquitectura do Vello Cárcere dun xeito lúdico e inclúe material de apoio (audiovisual e gráfico).
- ‘O Vello Cárcere: da Guerra á posguerra’: visitas guiadas ao edificio e á exposición permanente dirixidas e adaptadas aos diferentes niveis de Educación Secundaria (E.S.O. e Bacharelato) e Superior.
Para participar cómpre solicitar reserva a través do correo electrónico: vellocarcere@lugo.gal
Máis información:
689 793 840
