VISITAS GUIADAS

VISITAS XERAIS*

As visitas guiadas son de balde e contan cunha capacidade máxima de 25 persoas. Teñen unha duración aproximada de 45-60′.

Recoméndase reservar praza a través do teléfono 982 297 195 ou do correo electrónico vellocarcere@lugo.gal. Tamén é posible presentarse na Recepción do Centro ás horas de comezo da visita.

Público xeral: Visita guiada sobre a historia do edificio e a Memoria Democrática a través da exposición permanente “O Vello Cárcere: da Guerra á Posguerra”.

    • Venres: 17:30 h
    • Sábados: 11:15 h e 17:30 h
    • Domingos: 17:30 h

Público familiar: Visita guiada adaptada ás idades dos máis novos, sobre a historia do edificio e a Memoria Democrática a través da exposición permanente “O Vello Cárcere: da Guerra á Posguerra”:

    • Domingos: 11:15 h

 

 

VISITAS GRUPAIS* (destinadas a colexios, institutos, universidades ou entidades sen ánimo de lucro)

As visitas guiadas son de balde. Teñen unha duración aproximada de 45-60′. Requiren solicitude previa no correo vellocarcere@lugo.gal, indicando:

    • Nome do grupo
    • Número de participantes
    • Data solicitada
    • Horario solicitado
    • Obxecto da visita

Dita solicitude será remitida ao Servizo de Cultura do Concello de Lugo para a súa autorización. Unha vez recibida a resolución, o Centro poñerase en contacto para trasladar dita resolución.

 

*Todas as visitas guiadas están suxeitas a posibles modificacións en base aos eventos que acolle o Centro.

Para máis información ou calquera outra cuestión: 982 297 195  || vellocarcere@lugo.gal