Urania Mella Serrano

#ELAS

Urania Mella Serrano

 

 
Desta volta rescatamos entre as páxinas de Aurora Marco a incrible historia de Urania Mella Serrano (Vigo, 15 de novembro de 1899 – Lugo, 26 de maio de 1945). Naceu na cidade de Vigo no seo dunha familia de forte arraigo anarquista; o seu pai, Ricardo Mella, foi un importante estudoso desta ideoloxía, e a súa nai, Esperanza Serrano, era filla do anarquista e fundador da Revista Social Juan Serrano Oteiza.
 
Urania recibiu formación académica superior estudando Belas Artes na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. O seu compromiso social na defensa dos dereitos das mulleres levouna a ser a presidenta da asociación Unión das Mulleres Antifascistas da cidade, así como tamén, a ser membro do Socorro Rojo Internacional. Esta labor desempeñouna nos seus inicios, alfabetizando ás mulleres do barrio de Lavadores.
 
Tralo estoupido da Guerra Civil, Urania mailo seu marido Humberto Solleiro Rivera, membro do Consello Sindical Ferroviario da UGT en Vigo, organizaron a resistencia no barrio de Lavadores dende a trincheira situada no Calvario. Foron superados polo bando sublevado tendo que fuxir cara Redondela, onde foron apresados e xulgados. Humberto foi fusilado e Urania foi encarcerada nun dos peores penais de mulleres, o da praia de Saturrarán, en Guipuzcúa. A súa condea durou 9 anos, falecendo na nosa cidade un mes despois de saír da cadea, onde se refuxiou do repudio sufrido por unha parte da súa familia.
 
Fonte:Consello da Cultura Galega
📷 Consello da Cultura Galega.
O Vello Cárcere
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.