Unha forma de comprender mellor o porqué da reivindicación dunha data coma a de hoxe, #DíaInternacionaldaMuller, é ler. 📚
O compromiso coa igualdade é necesario para todas e para todos, e iso sabémolo ben no Club de lectura “En-clave feminista” da nosa Biblioteca. Precisamente, no encontro desta mañá estivemos tratando o ensaio “Todos teriamos que ser feministas”, da escritora nixeriana Chimamanda Ngozi Adichie; unha proposta que sobresae pola claridade das ideas que fundamentan o Feminismo e que aproveitamos para recomendarvos como #LibroSalvado de marzo.
♀️
