Teolindo Pardo Teijeiro

#PersonaxesdeOVelloCárcere

Teolindo Pardo Teijeiro

 

A pesar das cruentas circunstancias do día a día no cárcere, a camaradería e o sentimento de fraternidade foi, a miúdo, un mecanismo de supervivencia para os presos da Guerra Civil e do Franquismo. A creación de vínculos persoais e os xestos solidarios entre eles e tamén cos recén chegados, contribuirían a establecer certa orde na súa vida cotiá, axudándolles a sobrevivir física e psicolóxicamente.

En moitas ocasións, o enxeño e a creatividade resultaban fundamentais para mante-lo ánimo propio e mais o dos compañeiros. Sabemos, mediante testemuñas reais e estudos como os do profesor Rodríguez Teijeiro, que pasaban o tempo compartindo coñecementos, lendo e incluso ideando e creando artiluxios cos que obsequiar ás súas familias. Pero sobre todo, temos constancia destas vivencias a través do patrimonio material que conservamos, como o poema titulado “A mi protector” escrito por Teolindo Pardo Teijeiro o 24 de maio do 1939.

O seu autor, un xornaleiro viveirense que foi xulgado no 1936 á idade de 24 anos, pasaría os tres primeiros meses de condena no Cárcere de Lugo e posteriormente, ata 1940, no Forte de San Cristóbal, en Navarra. Estes versos de sincero agradecemento dedicado ó político e médico lucense Francisco Lamas, reflicten, dun xeito orixinal, ese forte vínculo creado durante os anos de amargura que ámbolos dous compartiron, primeiro en Lugo e despois en Pamplona. Pero ademais, as súas verbas transmiten perfectamente a dor, o temor e a incerteza que sentía, como tamén o sostén e o alento que supuxo poder contar co seu apoio, que, segundo o escrito, endexamais esquecerá.

“Fiando en tí mi suerte,
Rumbo diste a mi destino;
Anhelando yo la muerte,
¡Nunca tuve esa gran suerte,!”
(texto extraído do poema de Teolindo Pardo Teijeiro)

📷 Poema de Teolindo Pardo Teijeiro pertencente á exposición permanente “O Vello Cárcere. Da guerra á posguerra”.

O Vello Cárcere
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.