TÁNDEM

O programa Tándem é unha actividade desenvolvida pola Biblioteca destinada a público xeral adulto. Ten como obxectivo promover encontros interculturais que terán lugar de xeito periódico. A través destas xuntanzas, as persoas participantes poderán vivir a experiencia de coñecer outras culturas de primeira man, mentres divulgan á vez a súa propia.

Dende o departamento da Biblioteca organizamos as parellas segundo os idiomas e intereses das e dos participantes. Para poder participar, só tedes que enviarnos un correo ao vellocarcere@lugo.gal indicando:

  • Teléfono de contacto
  • Correo electrónico
  • Idioma(s) que domina(s)
  • Idioma(s) que che gustaría practicar
  • Intereses culturais
  • Dispoñibilidade

Unha vez xestionados, os encontros darán comezo nas nosas instalacións, onde as parellas serán autónomas durante as sesións que se establezan. O equipo da Biblioteca estará presente para dinamizar o Tándem se fora necesario, e asegurarse de que as normas do programa e do Centro se cumpran. As bases de participación son as seguintes:

  • As parellas conformaranse seguindo a normativa do Centro.
  • As parellas Tándem terán a duración periódica que os membros decidan. O Centro poñerá a disposición das/os usuarias/os un espazo para o desenvolvemento da actividade.
  • Durante as sesións, as/os participantes deberán ser respetuosos en todo momento entre sí, coas persoas responsables da Biblioteca e coas normas deste espazo. Se isto non sucedese, o equipo da Biblioteca poderá expulsar a quen corresponda do programa Tándem, impedíndolle a súa participación en sesións posteriores.