“Cando entendín que, pese aos meus esforzos, non podía negarme a participar moralmente nesta guerra, é dicir, de desexar cada día, cada hora, a vitoria duns, a derrota dos outros, pensei que París era para min a retagarda e subín a un tren para Barcelona coa intención de enrolarme.” – Simone Weil
#TalDiaComaHoxe naceu Simone Weil (París, 1909 – Ashford, 1943), activista e filósofa francesa de gran compromiso político que participou nas primeiras Brigadas Internacionais en favor da República española ao estalar a Guerra Civil.
Convencida da necesidade de loitar pola liberdade, foi parte da Columna Durruti ata setembro de 1936, unha formación de milicias populares dirixida polo sindicalista e revolucionario anarquista Buenaventura Durruti. A pesar de ter que abandonar a agrupación por motivos de saúde, anos despois, no contexto da II Guerra Mundial, incorporaríase ás forzas da Francia Libre establecidas en Londres, onde pasaría a fin dos seus días.
Queremos aproveitar o día do seu nacemento para poñer de manifesto a importancia do seu labor contra o fascismo, aproveitando tamén que o pasado 27 de xaneiro conmemoramos o #DíaInternacionalenMemoriadasVítimasdoHolocausto que ratifica o compromiso de rexeitar calquera forma de violencia no mundo.
Fonte: Exposición temporal “Mulleres resistentes”, ARMH (mujeresresistentes.eu/exposicion/)
