SERIE AMARILLA 

 

 

A colección de pinturas que se expoñen neste espazo representan un ámbito temático e estético fiel reflexo dunha parte importante do traballo artístico que Quessada realizou ao longo da súa vida. Referímonos ás obsesións éticas e á preocupación por valores humanos de carácter universal que están presentes no contido destas pinturas.

 

A serie amarilla de Quessada suscita unha sensación contraditoria. Vistas superficialmente e dende a distancia, parecen fermosos pasteis polo tono dos predominantes amarelos e azuis, só alterados polas gotas vermellas que salpican o cromatismo xeral que enmarca un debuxo tenue, suave como a mesma cor que lles dá forma. Porén, as figuras de homes e mulleres, apenas esbozadas, aparecen indefensas nunha desnudez que nos suxire a súa a súa soidade e a debilidade ante o sufrimento da inxustiza, a fame ou a violencia á que son sometidos. A beleza isolada deses corpos contrasta coa cruel realidade que sofre o terceiro mundo e transporta inevitablemente ao xenocidio ou ás pateras que nos invaden diariamente.