Saltar ao contido

Segunda Edición #LugoaVersos

Voltamos un ano máis coa campaña #LugoaVersos para encher as redes virtuais e o panóptico de O Vello Cárcere de poesía en galego. 

Co motivo do Día Mundial da Poesía (21 de marzo) a Biblioteca de O Vello Cárcere organiza este proxecto para dar maior visibilidade a este xénero literario, á par que promocionamos a nosa lingua. 

A campaña virtual comeza hoxe, día 7 de marzo, e rematará o vindeiro luns día 21 de marzo. Está aberta a tódolos públicos. As seguidoras e os seguidores das nosas redes poderán participar publicando nos seus perfís un vídeo recitando poesía ou un poema en formato texto acompañado dunha imaxe, e citando a autoría (propia ou non). Todos os vídeos ou imaxes que formen parte desta iniciativa deberán ir acompañados dos cancelos #OVelloCarcere e #LugoaVersos, e etiquetar os perfís de O Vello Cárcere (Facebook, Instagram ou Twitter). 

Como remate final, o domingo día 20, terá lugar o recital de poesía para tódolos públicos no panóptico de O Vello Cárcere ás 18:00h. A inscrición está aberta tamén dende hoxe día 7 de marzo ata completar cabida chamando ao 982 297 195.

Estades todas e todos convidados a participar e por en valor este xénero literario que tantos amantes ten na nosa terra.

2 pensamentos sobre “Segunda Edición #LugoaVersos”

  1. Boas tardes:
    Estou intentado enviarvos o meu poema para participar en LUGOAVERSOS segunda edición, pero estou tendo problemas coa conta de instagram, xa que a pesar de telo dende hai moito tempo, non me sae enteiro nin tal como eu desexo (nin sei como se etiqueta, pois nunca publico). Hai alguha forma de que volo poida facer chegar sen instagram, por un correo electrónico?
    Graciñas,
    Amalia Méndez.

    1. Boas tardes Amalia, moitas grazas por interesarse en participar nesta segunda edición do Lugo a versos. Enviámoslle un correo coas indicacións necesarias.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *