Saltar ao contido

Segredos con memoria: o testemuño de José Luis Mundiña Pozas

No ano 2018, varios familiares de presas e presos políticos da guerra civil e posguerra, foron invitados nun acto de recoñecemento ao O Vello Cárcere. Percorreron as estancias do centro penitenciario e metéronse na cela onde os seus antepasados estiveron recluídas e recluídos e, sentados nunha cadeira, contaron o que lembraban daquela terrible época. 

Tendo por aquel entón  estes familiares unhas idades moi temperás  (algunhas desta persoas nin sequera naceran), estas testemuñas constitúen a mirada mais inocente daquela etapa histórica: a mirada das crianzas ante unha realidade atroz.

 No #segredosconmemoria de hoxe compartimos as lembranzas de José Luis Mundiña Pozas que contaba con sete anos de idade cando detiveron ao seu pai, Ramón Mundiña Gil, en xullo de 1936. 

As pezas audiovisuais, baixo o título ‘Vivencias’, foron elaboradas polo Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo e recollen testemuños de familiares de presas e presos encarcerados neste presidio durante a guerra civil e a represión franquista. Os documentais xunto con fotografías, documentos, noticias de xornais da época, obxectos pertencentes ás presas e presos e demais materiais forman parte da exposición permanente O Vello Cárcere: da guerra á posguerra’ que podedes visitar no noso centro.

Dentro dese recoñecemento ás vítimas queremos tamén enviar desde estas liñas a José Luis Mundiña Pozas e a todas as familias das presas e presos políticos unha forte e agarimosa aperta.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *