Saltar ao contido

Segredos con memoria: as gravacións de Miguel Moreno (II)

A través da nosa serie #segredosconmemoria estamos a compartir con vós distintos elementos da nosa mostra permanente ‘O Vello Cárcere: da guerra á posguerra’, así como as numerosas pegadas da guerra civil e a ditadura franquista que aínda hoxe están presentes no edificio da prisión.

 Dentro desta mesma serie, diferenciamos os #segredosconmemoriasonoros, unha serie de gravacións que levou a cabo o artista Miguel Moreno para a súa instalación dentro da exposición permanente. Nelas poderedes escoitar distintas cartas orixinais que presos e presas enviaron aos seus familiares.

No audio de hoxe un preso fai das súas derradeiras palabras escritas toda unha declaración de intencións. Trátase dunha carta de despedida dirixida á súa nai onde lle dá determinadas indicacións na procura do benestar da súa muller e fillos, unha vez se faga efectiva a inxusta condena a morte.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *