«Rosario Dinamitera» – María Ruiz

#TalDíaComaHoxe | #SonsdaLembranza

«Rosario Dinamitera» – María Ruiz

 

#TalDiacomaHoxe fai 16 anos falecía Rosario Sánchez Mora, popularmente coñecida como “La Dinamitera”, aínda que os seus compañeiros de trincheira coñecíana como “Chacha” debido a un xornal da época de mulleres denominado “Muchachas”.
 
Con tan só 17 anos, Rosario alistouse no exército republicano co pensamento de que a contenda remataría rápido e estaría de volta en 8 días. Pero os acontecementos sucederónse estrepitosamente e viuse enrolada na resistencia de Madrid. Foi unha das mulleres armadas que formaron parte activa na contenda militar, onde como ela testificou, recibiu un trato igualitario polo seus compañeiros masculinos.
 
Os seus inicios no exército foron na Milicia Obreira do 5º rexemento, na sección de dinamiteros, destinados en Somosierra para facerlle fronte ao xeneral Mola. Alí foi onde tivo lugar o accidente que pasou á Historia grazas aos versos de Miguel Hernández: manipulando un cartucho de dinamita que se atopaba danado pola choiva da noite anterior, perdeu a súa man dereita e a piques estivo de perder a vida. Unha vez recuperada volveu de novo á fronte, pero desta vez a súa loita deixou de ser armada para pasar a servir de enlace.
 
Malia que ela pensaba estar pouco tempo na loita, foi unha muller valente e combativa cun compromiso inquebrantable cos ideais que a fixeron estar na contenda ata o final da Guerra. Unha vez cae Madrid, perde ao seu pai, fusilado en Valencia mentres trataban de fuxir, desaparece o seu marido, sepárana da súa filla e ela é detida e encarcerada. No ano 1942 sae de prisión e trata de recuperar a súa vida, busca ao seu marido sen éxito, xúntase coa súa filla e comeza unha vida como vendedora de tabaco.
 
▶️ María Ruiz musicalizou o poema que lle dedicou Miguel Hernández, “Rosario Dinamitera”, que xa forma parte da nosa listaxe #SonsdaLembranza.
O Vello Cárcere
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.