“Maio longo… maio longo,
todo cuberto de rosas,
para algús telas de morte;
para outros telas de vodas.
Maio longo, maio longo,
fuches curto para min:
veu contigo a miña dicha,
volveu contigo a fuxir.”
🌼 “Maio longo” é un melancólico poema de Rosalía de Castro que aparece recollido no noso #LibroSalvado deste mes, “Rosalía pequeniña”. Nel se xuntan a poesía de Rosalía, a voz de Uxía, as ilustracións de Marina Seoane e un prólogo da autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2026, Begoña Caamaño. 💜
Unha fermosa unión de talentos. ✨
