Rafael de Vega Barrera

#PersonaxesdeOVelloCárcere

Rafael de Vega Barrera

 

No día de hoxe distínguense como Fillos Adoptivos da Cidade ao profesor e académico Xesús Alonso Montero (Vigo, 1928) e á figura do doutor Rafael de Vega Barrera (Zazuar, 1889 – Lugo, 1936), preso político represaliado neste cárcere, no que hoxe se lle rende homenaxe.

Con esta distinción recoñécense os avances sanitarios polos que Vega traballou a comezos do século XX en Lugo, e resáltanse os seus valores humanistas, estando sempre comprometido cos máis desfavorecidos. A cidade que o acolleu, e á que el tanto quixo, hoxe trata de devolverlle o seu cariño e reparar a súa memoria.

A súa historia é unha das recompiladas na exposición permanente “O Vello Cárcere: da Guerra á Posguerra”, que podedes coñecer a través das nosas visitas guiadas para público xeral todas as fins de semana.

O Vello Cárcere
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.