Rafael de Vega Barrera

O 22 de xullo deste ano, o Goberno actual fixo un exercicio de Recoñecemento e Reparación Persoal coa figura de Rafael de Vega Barrera, o famoso director cirurxián do Hospital de Santa María (Lugo). O doutor foi encarcerado e posteriormente fusilado o 21 de outubro de 1936 con motivo da Guerra Civil. Na actualidade, vénse de declarar ilegal e ilexítimo o tribunal que o xulgou con pena de morte, procedendo así a unha reparación moral da súa memoria. Rafael é a figura escollida polo #EspazoDidáctico para tratar a temática da represión durante a Guerra Civil co alumnado de secundaria, como parte da nosa Programación Escolar “Un edificio con boa memoria”. Neste curso bota a andar esta nova proposta, coa que pretendemos achegar ás novas xeracións estes acontecementos traumáticos dun xeito máis lúdico. Se formas parte desta comunidade educativa e che resulta interesante esta actividade, non dubides en poñerte en contacto con nós. Podes tamén atopar máis información premendo na seguinte ligazón á nosa web: https://ovellocarceredelugo.gal/programacion-escolar1/. ☎️ 982 297 195 ✉️ vellocarcere@lugo.gal

#PersonaxesdeOVelloCárcere

Rafael de Vega Barrera

 

O 22 de xullo deste ano, o Goberno actual fixo un exercicio de Recoñecemento e Reparación Persoal coa figura de Rafael de Vega Barrera, o famoso director cirurxián do Hospital de Santa María (Lugo). O doutor foi encarcerado e posteriormente fusilado o 21 de outubro de 1936 con motivo da Guerra Civil. Na actualidade, vénse de declarar ilegal e ilexítimo o tribunal que o xulgou con pena de morte, procedendo así a unha reparación moral da súa memoria.

Rafael é a figura escollida polo #EspazoDidáctico para tratar a temática da represión durante a Guerra Civil co alumnado de secundaria, como parte da nosa Programación Escolar “Un edificio con boa memoria”. Neste curso bota a andar esta nova proposta, coa que pretendemos achegar ás novas xeracións estes acontecementos traumáticos dun xeito máis lúdico.

Se formas parte desta comunidade educativa e che resulta interesante esta actividade, non dubides en poñerte en contacto con nós. Podes tamén atopar máis información premendo na seguinte ligazón á nosa web: https://ovellocarceredelugo.gal/programacion-escolar1/.

☎️ 982 297 195
✉️ vellocarcere@lugo.gal