Rafael de Vega Barrera

#PersonaxesdeOVelloCárcere

Rafael de Vega Barrera

 

➡️ A historia do Dr. Rafael de Vega Barrera é unha das máis presentes dentro do noso traballo para a difusión da memoria histórica que rodea a O Vello Cárcere. O seu nome sempre aparece nas nosas visitas guiadas e os visitantes adoitan compartir moitas lembranzas: “Era o médico dos pobres”, contan moitos entre bágoas. Un home moi respectado e queridísimo polos lucenses, un home que, sen dúbida, forma parte xa do imaxinario colectivo da nosa cidade; unha figura clave para entender, non soamente o que supuxo a guerra civil española para Lugo e para O Vello Cárcere, senón tamén para o desenvolvemento social e político da nosa cidade.
 
➡️ Hoxe queremos compartir con vós o excelente traballo de investigación que levou a cabo o seu neto, Rafael Pérez de Vega, para difundir a historia do seu avó. Trátase dunha páxina web na que se recolle unha extensa biografía do Dr. Rafael de Vega, así coma numerosos documentos de arquivos que mostran a inxustiza que viviu ao ser detido, encarcerado e condenado a morte nos primeiros meses do levantamento militar de 1936:
 
➡️ Do mesmo xeito, compartimos o vídeo, tamén realizado por Rafael Pérez de Vega, sobre a reconversión da antiga Prisión Provincial de Lugo no que hoxe é: O Vello Cárcere, un centro cultural e lugar de memoria para os lucenses.
O Vello Cárcere
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.