Rafael de Vega Barrera

#PersonaxesdeOVelloCárcere

Rafael de Vega Barrera

 

➡️ Estes días estamos a mostrarvos unha serie de 📹 vídeos moi especiais.
O ano pasado invitouse a varios familiares de presas e presos políticos da guerra civil e da posguerra a O Vello Cárcere. Metéronse na cela onde os seus respectivos pais ou avós estiveron recluídos e, sentados nunha cadeira, contaron o que lembraban daquel tempo. Por aquel entón ou ben estaban na súa infancia ou nin tan sequera naceran, así que estas testemuñas constitúen a mirada máis inocente daquela etapa histórica: a mirada das crianzas.
 
Esta noite compartimos as lembranzas de Rafael Pérez de Vega e mandámoslle, dende esta ventá virtual, unha aperta moi forte.
Os vídeos realizounos o Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo para O Vello Cárcere e forman parte da exposición permanente do centro ‘O Vello Cárcere: da guerra á posguerra’.
O Vello Cárcere
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.