Rafael de Vega Barrera

#PersonaxesdeOVelloCárcere

Rafael de Vega Barrera

 

Na imaxe aparecen varios obxectos e un guache enmarcado. Estes obxectos persoais pertenceron ao afamado médico cirurxián ➡️ Rafael Esteban de Vega y Barrera, preso político durante a guerra civil española, encarcerado neste cárcere a comezos da guerra civil.
 
Rafael naceu en Zazuar (Burgos) no ano 1889, chegou a Lugo no 1916 despois de lograr a praza de médico municipal na nosa cidade. Entre os traballos sanitarios de mellora que levou a cabo atópase o 🏥Hospital de Santa María, o cal dirixiu ata o seu encarceramento. Rafael estivo preso durante 100 días antes de ser fusilado, acompañado do seu crucifixo e o seu reloxo, que hoxe forman parte da exposición permanente de memoria histórica. O guache, que tamén está na exposición, foi pintado polo seu fillo maior, Rafael de Vega Fernández Crespo, e está a retratar unha operación cirúrxica de seu pai.
 
Se queredes profundar máis na vida deste recoñecido médico entre os nosos maiores, podedes visitar a súa páxina web:
📎https://www.rafaeldevega.es/. Nela poderedes ver unha biografía detallada e acompañada de enlaces e recortes de prensa, onde se destaca a importancia da figura de Rafael para a cidade.
 
Hoxe en día temos 2️⃣ recordatorios en Lugo da súa persoa, sabedes cales son? Tedes algunha imaxe deles? Comentade nos comentarios, daremos a resposta na pestana de “NOVAS” da nosa páxina web:
O Vello Cárcere
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.