«¿Qué estás mirando?», Will Gompertz

#LibroSalvado 

«¿Qué estás mirando?», Will Gompertz

 

Algunha vez vos atopástedes diante dunha peza de arte sen entender nada do que estabades a mirar?

🙋 

📚💛🖼️ Neste Día Internacional do Libro, e aproveitando a recente celebración do Día Mundial da Arte (15/04), traémosvos unha proposta literaria para reconciliarvos con aquelas obras que nalgún momento vos fixeron pensar: “isto tamén o podería facer eu”. 

En “¿Qué estás mirando?”, Will Gompertz emprega un estilo ameno e accesible, moi afastado da linguaxe académica da arte, conseguindo que o aparentemente incomprensible cobre sentido.

Trátase dun percorrido por 150 anos de arte moderna, repleto de anécdotas e humor. Ao longo do libro, o autor achéganos a historia e o contexto necesarios para mirar con outros ollos o urinario de Marcel Duchamp, os rectángulos de cores de Mark Rothko ou as impactantes performances de Marina Abramović. Porque, como dicía precisamente Duchamp, o acto creativo non depende só de quen realiza a obra, senón tamén de quen a observa, a pon en contacto co mundo exterior e a completa ca súa mirada. ✨

“¿Qué estás mirando?” non é tanto un manual para persoas expertas como unha viaxe para mentes curiosas. 🧠💡 Este pode ser o libro que cambie a vosa próxima visita a un museo! 

 

🖍️ Imaxe 2: Ilustracións de Pablo Helguera, extraídas do libro “¿Qué estás mirando?”, de Will Gompertz

O Vello Cárcere
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.