#TalDíaComaHoxe do ano 1949 publicábase “1984”, unha distopía escrita polo novelista, xornalista e crítico británico George Orwell (Motihari, Raj Británico, 1903 – Londres, 1950).
Esta famosa obra narra unha historia de fición dunha suposta sociedade na que o Estado adquire o control total sobre a cidadanía, que perde categóricamente a súa intimidade e tamén a súa liberdade. Este control social absoluto, exercido por medio dun ollo que o ve todo (e que tamén aborda Michel Foucault en “Vixiar e castigar”, 1975), aparece directamente relacionado cunha das características esenciais do Panóptico de Bentham. Imaxinades o por que?
Tanto se xa coñecedes o funcionamento deste sistema situado no módulo de homes deste antigo Cárcere como se non, non perdades a experiencia de afondar nas particularidades do noso panóptico nunha das visitas guiadas que ofrecemos todas as semanas!
Lembrade 
Venres, 17:30h | Sábados, 11:15h e 17:30h | Domingos, 17:30h
Domingos, 11:15h
Agardámosvos!
Fonte:
Universitat Oberta de Catalunya – blogs.uoc.edu
