PROGRAMACIÓN ESCOLAR

Un edificio con boa Memoria

“Un edificio con boa Memoria“ é o nome do programa orientado a público escolar que ofrecemos dende O Vello Cárcere. Pretende achegar aos escolares, por unha banda, como foi o proceso de construción do edificio e como o levou a cabo o seu arquitecto Nemesio Cobreros y Cuevillas; por outra banda, como este cárcere padeceu a Guerra Civil e a Posguerra.

Contamos con propostas de actividades para os ciclos de primaria, os ciclos de secundaria, bacharelato e comunidade universitaria.

Educación Primaria

A través da figura de Nemesio Cobreros y Cuevillas, arquitecto do cárcere, o alumnado coñecerá os principais atractivos do edificio e a súa singular arquitectura. Consta de dúas partes:

    • Primeira parte: Visita guiada polo edificio.
    • Segunda parte: Actividade conxunta a través da cal fixarán os coñecementos adquiridos durante a visita.

Duración aproximada: 50 minutos

Educación Secundaria

A través da figura do doutor Rafael de Vega Barrera, preso político neste cárcere durante a Guerra Civil, o alumnado coñecerá a represión sufrida neste presidio durante os anos da guerra. Consta de dúas partes:

  • Primeira parte: Visita guiada polo edificio e presentación da figura de Rafael de Vega.
  • Segunda parte: Obradoiro didáctico arredor da exposición permanente “O Vello Cárcere. Da Guerra á Posguerra”; debate conxunto final.

Duración aproximada: 50 minutos

Bacharelato e Comunidade Universitaria

Visita guiada á historia do edificio e á exposición permanente “O Vello Cárcere. Da Guerra á Posguerra”.

Duración aproximada: 50-60 minutos

As visitas escolares requiren solicitude previa no correo vellocarcere@lugo.gal, indicando:

      • Centro educativo
      • Curso
      • Número de participantes
      • Actividade solicitada: «Nemesio Cobreros» (Educación Primaria); «Rafael de Vega» (Educación Secundaria); Visita guiada ao edificio e á exposición «O Vello Cárcere. Da Guerra á Posguerra» (Bacharelato e Comunidade Universitaria)
      • Data solicitada
      • Horario solicitado
      • Teléfono de contacto

Dita solicitude será remitida ao Servizo de Cultura do Concello de Lugo para a súa autorización. Unha vez recibida a resolución, o Centro poñerase en contacto para trasladar dita resolución.

*Todas as visitas guiadas están suxeitas a posibles modificacións en base aos eventos que acolle o Centro.

Para máis información ou calquera outra cuestión: 982 297 195 | vellocarcere@lugo.gal

Un comentario de “PROGRAMACIÓN ESCOLAR

  1. Pingback: Rafael de Vega Barrera – O Vello Cárcere

Los comentarios están cerrados.