Inauguramos a Programación Escolar de O Vello Cárcere co Programa de Visitas escolares ‘Un edificio con Boa Memoria’; unha proposta formativa plantexada dende o Espazo Didáctico do Centro e dirixida, nun primeiro momento, aos ciclos de Educación Primaria.
O programa ten como obxectivo achegar, dun xeito didáctico e lúdico, a Historia e o Patrimonio Cultural de O Vello Cárcere aos centros de ensino, contribuíndo a fomentar, ademáis, a aprendizaxe a través da experiencia.
A actividade, que se ofertará ata o mes de xuño e é de carácter gratuíto, terá unha duración aproximada de 50’. Consistirá nunha visita guiada que abordará as orixes do Cárcere no século XIX a través da súa singular arquitectura, e se completará cun xogo por equipos que serva para que as crianzas afiancen os conceptos vistos. Como recordo da visita e para traballar de forma complementaria na aula, o alumnado levará unha guía didáctica confeccionada expresamente para cada nivel educativo.Os centros de ensino interesados poderán reservar a súa visita contactando con nós por teléfono ou por correo electrónico: 689 793 840 / vellocarcere@lugo.gal