Programación Día das Letras Galegas 2026

Por mor da conmemoración do Día das Letras Galegas 2026, O Vello Cárcere conta cunha programación deseñada especialmente para homenaxear a autora Begoña Caamaño. 🩵 Dita programación ofrece actividades durante os días 16 e 17 de maio para tódolos públicos, cun carácter lúdico e educativo:

 

SÁBADO 16 DE MAIO

 

  • CLUB DE LECTURA ABERTO: “Mulleres que reescriben os mitos”

Encontro literario arredor das dúas novelas de Begoña Caamaño “Circe ou o pracer azul” e “Morgana en Esmelle” que se fundamentan na reinterpretación feminista do mito clásico da Odisea e do mito artúrico. A autora dálle voz as mulleres silenciadas para aportar a súa visión sobre a historia na que participaron e na que estiveron en segundo plano. 

 

Horario: 11:30-13:00

Público: Maior de 14 anos

Aforo máximo: 25 persoas

 

  • OBRADOIRO FAMILIAR: “Monstros e heroínas do mar”

Obradoiro familiar no que dar a coñecer as criaturas do mundo máxico mencionadas nas obras de Begoña Caamaño. Confeccionaranse máscaras representativas das dúas protagonistas das súas obras. 

 

Horario: 12:00-13:00

Público: Nenos/as de 4 a 12 anos con acompañantes (máximo dous acompañantes)

Aforo máximo: 75 persoas (25 nenos/as máis dous acompañantes)

 

  • RUTA PARTICIPATIVA: “Palabras presas, palabras libres”

Visita guiada con perspectiva de xénero onde as mulleres presas  durante a etapa da Guerra e da Posguerra acadan o protagonismo ao igual que fixo Begoña Caamaño a través do seu traballo, sempre crítico e dialogante, comprometido cos dereitos das mulleres. Caamaño foi unha das xornalistas máis a favor de denunciar as ausencias das mulleres na historia e na literatura, a través desta visita, tentaremos facer xustiza e memoria coas mulleres presas de O Vello Cárcere.

 

Horario: 17:00-18:30

Público: Tódolos públicos

Aforo máximo: 25 persoas

 

 

DOMINGO 17 DE MAIO

 

  • CONTACONTOS: “Circe en O Vello Cárcere”

Narración infantil teatralizada dun conto de Begoña Caamaño. 

 

Horario: 11:30-13:00

Público: Nenos/as de 4 a 8 anos con acompañantes (máximo dous acompañantes)

Aforo máximo: 75 persoas (25 nenos/as máis dous acompañantes)

 

  • CONVERSA LITERARIA: “Ler a Begoña hoxe”

Encontro informal para falar sobre a homenaxeada, a súa obra literaria e xornalística, e tamén para facer recomendación feministas contemporáneas sobre autoras galegas que estean a seguir a mesma estela.

 

Horario: 12:00-13:00

Público: Adulto

Aforo máximo: 25 persoas

 

  • OBRADOIRO INTERXERACIONAL: “Cartas para Morgana”

Encontro informal de escritura creativa no que os participantes redactarán cartas destinadas as principais personaxes literarias das obras de Caamaño, Circe e Morgana. 

 

Horario: 17:00-18:30

Público: Tódolos públicos

Aforo máximo: 30 persoas

 

 

 

Inscricións:

📩 vellocarcere@lugo.gal

☎️ 982 793 840

O Vello Cárcere
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.