Programación Continua 2026/2027

Preparade as axendas! 

Xa está aquí a Programación Continua 26/27 de O Vello Cárcere, chea de novidades.

Desde o Espazo Didáctico, o Espazo de Lecer e a Biblioteca propoñémosvos cada semana actividades de balde para todos os públicos: obradoiros de escritura, fanzines, contacontos infantís, clubs de lectura, encontros arredor da memoria… e moito máis.

Esta tempada, ademais, estreamos novas propostas como Á marxe, o Laboratorio de Historias ou Crea+. Descubride en que consisten estas e todas as demais actividades na sección «Didáctica» da nosa web. 

Para participar, cómpre ler e seguir as bases de cada espazo, que podedes consultar nestes documentos:

📌 Bases das actividades do Espazo Didáctico e da Biblioteca

📌 Normas do Espazo de Lecer 

✉️ Inscricións: vellocarcere@lugo.gal
☎️ Máis información: 982 297 195

Agardámosvos!

O Vello Cárcere
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.