O próximo luns 16 de outubro daremos comezo á Programación Continua 2023/2024.
Trátase dun programa de actividades semanal organizado polo Espazo Didáctico, o Espazo de Lecer e a Biblioteca. Estes departamentos ofrecen, para tódolos públicos, unha ampla variedade de actividades de balde. Entres estas podedes atopar traballos manuais infantís, contacontos, obradoiros de escritura creativa para adultos, clubs de lectura de diversas temáticas, encontros sobre a Memoria… e moito máis!