PROGRAMACIÓN CONTINUA 2022/2023

O vindeiro luns 17 de outubro dará comezo a Programación Continua 2022/2023 do Centro.

Trátase dun programa de actividades organizado polos departamentos do Espazo Didáctico, o Espazo de Lecer e a Biblioteca, que ofrece unha gran variedade de actividades de balde para tódolos públicos: traballos manuais infantís, contacontos, obradoiros de escritura creativa para adultos, clubs de lectura de diversas temáticas, encontros sobre a Memoria… e moito máis!

Toda esta oferta é semanal, e para poder participar deberanse seguir as bases que están dispoñibles nos seguintes documentos:  

📌 Normas do Espazo de Lecer:

Normas Xerais para o uso do Espazo de Lecer Infantil

📌 Bases das actividades do Espazo Didáctico e da Biblioteca:

Bases Espazo Didáctico e Biblioteca

📌 Folleto da Programación Continua:

Folleto Programación Continua

Para máis información:

☎ 982 297 195

Para reserva de prazas:

✉ vellocarcere@lugo.gal

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará