Saltar ao contido

PROGRAMA TÁNDEM

A Biblioteca de O Vello Cárcere presenta o Programa Tándem para público xeral adulto. Este espazo acadará un novo reto, o de promover encontros interculturais que terán lugar de xeito periódico. A través destas xuntanzas, as persoas participantes poderán vivir a experiencia de coñecer outras culturas de primeira man, mentres divulgan á vez a súa propia.

Dende a o departamento da Biblioteca organizaremos os grupos segundo os idiomas e intereses das e dos participantes. O noso obxectivo é conseguir cumprir as vosas expectativas, polo que partimos de cero agardando que nos comuniquedes, á hora da inscrición, os vosos gustos e pasatempos. Só tedes que enviarnos un correo ao vellocarcere@lugo.gal indicando o idioma que queredes practicar, a lingua que falades e os temas que vos gustaría tratar.

Unha vez organizado, os encontros darán comezo nas nosas instalacións, onde os grupos serán autónomos durante as sesións que se establezan. Dende o departamento da Biblioteca estaremos presentes para dinamizar o Tándem se fora necesario, e vixiar que as normas do programa e do Centro se cumpran.

As bases de participación son as seguintes:

  • As prazas reservaranse seguindo a normativa do Centro.
  • Os grupos Tándem terán a duración periódica que os membros do grupo decidan. O Centro poñerá a disposición das/os usuarias/os un espazo para o desenvolvemento da actividade.
  • Durante as sesións, as/os participantes deberán ser respetuosos en todo momento entre sí, coas persoas responsables da Biblioteca e coas normas deste espazo. Se isto non sucedese, o equipo da Biblioteca poderá expulsar a quen corresponda do grupo Tándem, impedíndolle a súa participación en sesións posteriores.

4 pensamentos sobre “PROGRAMA TÁNDEM”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *