«Orgullo. La lucha por la igualdad del movimiento LGTBI», Matthew Todd

#LibroSalvado

«Orgullo. La lucha por la igualdad del movimiento LGTBI», Matthew Todd

 

🏳️‍🌈  Xuño, o Mes do Orgullo, trae consigo a importancia do movemento da comunidade LGBTQIA+ para reafirmar os sentimentos de dignidade, igualdade e, por suposto, orgullo respecto ás súas orientacións sexuais e identidades de xénero, xa que, historicamente, estas persoas sufriron procesos de discriminación e represión.

O #LibroSalvado deste mes recolle os triunfos activistas das primeiras leis contra a discriminación e relata a gradual inserción e aceptación da comunidade LGBTQIA+ en eidos como a política, o deporte, a cultura e os medios de comunicación. “Orgullo” busca rexistrar os desafíos enfrontados polo movemento na loita polos seus dereitos, desencadeada polos acontecementos ocorridos no bar Stonewall Inn en 1969, na cidade de Nova York. 

 

📚 Libro | Orgullo. La lucha por la igualdad del movimiento LGTBI

     Autor | Matthew Todd

     Edición | Oberon, 2020



 

📷 1. Marsha P. Johnson e Sylvia Rivera fotografadas o Día da Liberación de Christopher Street, o 24 de xuño de 1973

📷 2. Folleto elaborado polo Gay Liberation Front (Fronte de Liberación Gay) o 20 de febreiro de 1971, enumerando as demandas do grupo

O Vello Cárcere
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.