Saltar ao contido

‘OPTIMISMO’

Pódense retratar as emocións?

A obra fotográfica de Inma Purriños así nolo amosa nunha exposición organizada con moito agarimo xunto á Asociación “SOMOS unidos por el Cáncer”.

A partir dunha serie de 18 fotografías a cor e en branco e negro, a autora achégase aos sentimientos e ás distintas etapas polas que pode pasar unha persoa con cancro de mama, neste caso, a través do corpo feminino. A indignación, a esperanza, a euforia…, como parte dun proceso persoal e tamén como ferramenta de loita nunha mostra que leva por título “Optimismo”, e que se completa cunha mostra de perrucas elaboradas por “Rapunzel La Casa del Pelo”.

Na planta baixa do bloque de mulleres ata o 8 de xaneiro de 2023.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *