OBRADOIROS BIBLIOTECA

Título da actividade Minirrelatos 
Público Nenos e nenas nados/as entre 2013-2018
Horario Xoves de 17:30 a 18:30h
Número de participantes Ata completar o aforo (máx. 10)
Lugar Biblioteca
Descrición da actividade A través de diversas dinámicas didácticas e xogos literarios as nenas e nenos porán a proba a súa imaxinación e a súa capacidade para crear historias, desenvolvendo así tanto a súa expresión escrita como oral.
Título da actividade Pequeviñetistas
Público Nenos e nenas nados/as entre 2013-2018
Horario Martes de 17:30 a 18:30h
Número de participantes Ata completar o aforo (máx. 10)
Lugar Biblioteca
Descrición da actividade As nenas e nenos descubrirán o mundo da banda deseñada a través da análise de diversos exemplares dos fondos da biblioteca.  Porán tamén en práctica a técnica viñetista a través dun obradoiro teórico-práctico no que lerán e farán os seus propios cómics.
Título da actividade E ti que contas?
Público Rapazada nada entre 2009-2012
Horario Luns de 17:30 a 18:30h
Número de participantes Ata completar o aforo (máx. 10)
Lugar Biblioteca
Descrición da actividade Os participantes mellorarán a súa expresión escrita e oral descubrindo e poñendo en práctica distintas ferramentas narrativas. A través de actividades, dinámicas e exercicios en grupo poderán afianzar estratexias de escritura, así como descubrir a importancia da redacción e a gramática. 
Título da actividade Escritura creativa
Público Público adulto
Horario Xoves de 18:30 a 19:30h
Número de participantes Ata completar o aforo (máx. 10)
Lugar Biblioteca
Descrición da actividade Encontros nos que, a través de diferentes técnicas e dinámicas, as e os participantes crearán relatos curtos de diversa índole.
O Vello Cárcere
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.