OBRADOIROS BIBLIOTECA

Á marxe

Título da actividade Á marxe
Público Xuvenil – Nados/as entre 2010-2013
Horario Martes de 17:30 a 18:30h
Número de participantes Ata completar o aforo (máx. 10)
Lugar Biblioteca
Descrición da actividade

Espazo semanal de encontro e participación dirixido á mocidade, no que se fomenta o diálogo, o intercambio de ideas e recomendacións arredor da literatura, a cultura e a creación.

Ao longo das sesións, as persoas participantes compartirán lecturas, intereses e reflexións, realizarán visitas a exposicións e desenvolverán propostas creativas. Como resultado colectivo, elaborarase un fanzine que recollerá parte das ideas, recomendacións e experiencias xurdidas durante o proxecto.

Laboratorio de historias

Título da actividade Laboratorio de historias
Público Infantil – Nados/as entre 2014-2019
Horario Xoves de 17:00 a 18:00h
Número de participantes Ata completar o aforo (máx. 10)
Lugar Biblioteca
Descrición da actividade

Este obradoiro percorre as diferentes formas en que se contan e se comparten historias, como a palabra escrita, a imaxe secuencial do cómic, a voz e o son do podcast, e o guión audiovisual. Estrutúrase en tres módulos trimestrais, cada un arredor dun eixe temático propio: identidade e memoria, diversidade e empatía, e imaxinación e futuro.

Cada módulo desenvólvese nunha sesión semanal deseñada para ser autoconclusiva. En cada sesión abordarase un tipo de expresión distinto, a través de temáticas baseadas no eixe trimestral correspondente. As nenas e nenos exploran así a comunicación desde múltiples linguaxes e melloran a súa expresión tanto oral como escrita.

Escritura creativa

Título da actividade Escritura creativa
Público Adulto
Horario Xoves de 18:00 a 19:30h
Número de participantes Ata completar o aforo (máx. 10)
Lugar Biblioteca
Descrición da actividade Un espazo para explorar a escrita creativa. Cada sesión combinará lecturas breves e propostas de escrita guiada, coa idea de espertar a imaxinación, perder o medo á páxina en branco e atopar a propia voz. Un momento tamén para compartir e comentar en grupo os textos que vaian xurdindo.
O Vello Cárcere
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.