Despois de que Lugo acollese o pasado 21 de marzo os XXIV Premios Mestre Mateo, a figura deste arquitecto e escultor galego volve a acompañarnos nunha data sinalada coma esta.
📷 #TalDíaComaHoxe no ano 1188 colocábanse os linteis do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago, obra ideada polo Mestre Mateo. Na súa honra conmemórase cada 1 de abril o Día das Artes Galegas. Neste 2026, este día está dedicado ao allaricano José Suárez, considerado o fotógrafo galego máis internacional. A súa traxectoria artística comeza en 1919, cando o seu pai lle agasalla ca súa primeira cámara fotográfica, sendo o propio contorno a súa principal fonte de inspiración.
Nos anos 30, José Suárez desenvolve series etnográficas, retratando a vida rural e os oficios tradicionais entre Salamanca e a súa terra natal. É tamén nesa época cando publica unha serie de revistas e libros coas súas fotografías, ademais de realizar a súa primeira exposición en París.
Como empregado da Compañía Industrial de Film Español (CIFESA), é encargado de realizar catro documentais sobre mariñeiros, oleiros, canteiros e feirantes. Nese mesmo período, comeza a rodar “Mariñeiros” polas terras do Morrazo e de Rianxo. Paralelamente ás rodaxes, desenvolve tamén unha serie fotográfica co mesmo nome.
📽️ Co inicio da Guerra Civil Española, José exíliase na Arxentina, acompañado de Manuel Colmeiro e Maruja Mallo. Alí, dedícase ao cinema, realizando unha serie de 26 filmes, e en 1938 recibe a Cuncha de Ouro á Mellor Fotografía polo filme “Malambo”. Combina esta actividade coas artes: escribe guións de películas, publica revistas e libros, colabora coa prensa e realiza exposicións. Tamén mantén amizade con outros intelectuais exiliados como Luis Seoane, Rafael Alberti, Alejandro Casona, Laxeiro, entre outros.
🇯🇵 En 1953, fascinado polo Xapón, vive dous anos no país, rexistrando a súa maxia nunha serie de traballos que máis tarde se expoñen en Montevideo como “Vislumbre do Xapón”. Ao longo da súa carreira, tamén colabora con Otero Pedrayo nas publicacións “Guía de Galicia” e “Historia de Galicia”, deixando unha pegada significativa na cultura galega. Mantén unha vida intensa de viaxes e rexistros polo mundo ata se establecer definitivamente en Ourense, en 1967.
José Suárez preséntanos un percorrido fundamental para a historiografia da fotografía española e, especialmente, da galega, grazas á súa ollada etnográfica e humanista, dedicada a retratar a dignidade e a expresividade da xente común, con especial atención ao seu contexto social e cultural.
📖 Fontes bibliográficas:
Suárez, X. L. (s. f.). José Suárez Fernández. WordPress. https://josesuarezfernandez.wordpress.com/
📷 1. Autor desconocido. (años 50). Retrato de José Suárez en Punta del Este co seu can Mambrino [Fotografía]. WordPress. https://josesuarezfernandez.wordpress.com/wp-content/uploads/2017/07/retrato-de-josecc81-suacc81rez-en-punta-del-este-co-seu-can-mambrino-anos-50-e1574270101694.jpg
📷 2. José Suárez. (s. f.). Oleiros, Niñodaguia [Fotografía]. WordPress. https://i0.wp.com/josesuarezfernandez.wordpress.com/wp-content/uploads/2013/10/oleiros-2-nincc83odaguia_1.jpg
📷 3. José Suárez. (s. f.). Xapón (serie fotográfica) [Fotografía]. WordPress. https://i0.wp.com/josesuarezfernandez.wordpress.com/wp-content/uploads/2013/05/xapocc81n-4.jpg
📷 4. José Suárez. (c. 1932–1936). Mariñeiros [Fotografía]. WordPress. https://josesuarezfernandez.wordpress.com/wp-content/uploads/2013/05/maric3b1eiros-0102.jpg
