Normas Xerais para o uso do Espazo de Lecer
- A participación no Espazo de Lecer é totalmente gratuíta.
- Serán destinatarios os nenas e nenas nados entre 2021 e 2016 inclusive.
- O número máximo de participantes por quenda será de 15.
- O horario de apertura é os sábados, domingos e festivos de 11:00 a 14:00h e de 16:00 a 19:00h.
- O tempo máximo de permanencia para cada participante é de 90 minutos, cumprindo as
quendas establecidas (11:00 a 12:30h; 12:30 a 14:00h; 16:00 a 17:30h; e de 17:30 a 19:00h). - Para a participación no Espazo é obrigatorio firmar a autorización que se porá a dispoñibilidade
do pai, nai ou titor/a o primeiro día. A partir de entón, o participante contará cun carné de socio
do Espazo de Lecer. A entrada e saída do participante deberá ser asinada polo/s adulto/s
autorizados. - Todos os/as nenos/as socios do Espazo poderán participar nas actividades da programación
continua, así como no Tempo de Lecer. - A entrada ó espazo desenvolverase por estrita orde de chegada ata completar o aforo
máximo, podendo inscribirse previamente. - A partir dos luns, inclusive, poderase reservar prazas de maneira presencial na recepción do
centro ou a través do correo electrónico vellocarcere@lugo.gal. - As actividades serán dirixidas en todo momento polos monitores/as, que son quen as
desenvolven. - Os/as monitores/as responsables NON obrigarán, en ningún caso, a participar ou permanecer
nas actividades aos participantes, xa que as mesmas son totalmente voluntarias. - Os/as nenos/asterán que ser autónomos a hora de ir o baño, os/as monitores/as acompañarán
aos participantes ao baño cando o necesiten sempre que os pais, nais ou titores/as dean o seu
consentimento na ficha de inscrición. En caso contrario, deberán estar dispoñibles no Centro
Sociocultural O Vello Cárcere. - Os/as participantes comprométense en todo momento a gardar respecto aosseus compañeiros
e compañeiras, especialmente aos monitores/as, para o desenvolvemento correcto das
actividades. - Os pais, nais e titores/as comprométense a aceptar e cumprir as normas que regulan estas
actividades. Así mesmo, asúmese, as responsabilidades que poidan derivarse das accións do
seu fillo/a ou titorado, respondendo chegado o caso, a asumir os danos ocasionados por este/a. - É obrigatorio respectar en todo momento as instalacións do Centro Sociocultural O Vello
Cárcere, especialmente todas as obras e exposicións existentes así como as actividades que se
estean a levar a cabo nas instalacións.