Normas xerais actividades Espazo Didáctico + Biblioteca
Con respecto aos departamentos do Espazo Didáctico e a Biblioteca, todos os obradoiros son
de balde, e para poder participar débense cumprir as seguintes indicacións:
XERAIS
- O aforo máximo de cada actividade é de 10 persoas.
- O prazo de inscrición abrirase cunha semana de antelación e pecharase ás 19:00h. do día anterior a cada actividade.
- As prazas cubriranse por orde de reserva a través do correo electrónico vellocarcere@lugo.gal. No caso de non poder remitirse ao correo electrónico,
poderase cubrir a solicitude de reserva na recepción do Centro. - No caso de non poder asistir á actividade, deberase comunicar.
ACTIVIDADES PÚBLICO INFANTIL
- Débense respectar os rangos de idade establecidos para cada obradoiro.
- Estes obradoiros non son para público familiar, salvo cando así se indique, polo que os/as pais/nais/familiares non poden participar nas actividades.
- As crianzas deben ser autónomas para ir ao baño.
- Os/as participantes deben estar sempre acompañados/as no Centro por unha persoa adulta, ata que a monitor/a dea por comezada a actividade.
- As persoas autorizadas na inscrición deberán asinar a entrada e saída do/a participante, non podendo este/a abandoar o Centro sen acompañamento.
ACTIVIDADES PÚBLICO ADULTO
- As actividades deberán ter un mínimo de 3 reservas para levarse a cabo. De non cumprirse isto, avisarase aos/ás participantes inscritos da suspensión da actividade.
* A inscrición nunha actividade supón a total aceptación destas bases.
