🩵🤍🩵
Nesta data de celebración da nosa lingua e cultura, recuperamos como #LibroSalvado unha das obras que se atopan nos andeis da #Biblioteca: a monografía “Mulleres de Gargamala! Cantares de tradición oral” (2017, aCentral Folque).
Trátase dun proxecto de investigación e compilación realizado pola etnomusicóloga Xulia Feixoo e o músico Guillerme Ignacio, que busca afondar na tradición musical e oral feminina da parroquia mondaricense de Gargamala. A publicación inclúe unha gravación que recolle unha gran diversidade de cantos vencellados ao ciclo da vida e do ano, entre os que se atopa o serán.
🌅 Sabiades que estas reunións nocturnas de carácter festivo, amenizadas pola voz e as pandeiretas de mozas e mulleres, comezaron o seu proceso de desaparición no franquismo? A esta persecución polo mantemento da “moral pública” do goberno fascista sumaríase tamén o factor da emigración e a chegada ás aldeas do tocadiscos, que influíu no feito de que o serán se fora perdendo.
Hoxe estamos recuperando o testigo das nosas devanceiras. Longa vida aos aturuxos e aos alalás!
Feliz #DíadasLetrasGalegas!!!
