«Modos de ver», John Berger

#LibroSalvado

«Modos de ver», John Berger

 

É xaneiro, e como primeiro #LibroSalvado deste 2025 traemos “Modos de ver” (1972), un ensaio sobre arte e comunicación visual escrito polo recoñecido crítico de arte, escritor e pintor John Berger (Londres, 1926 – Antony, Francia, 2017). Sabiades que foi un dos libros máis revolucionarios do panorama da Teoría da Arte do momento❓ ⤵️

A comezos dos anos setenta, Berger conducía un programa de televisión na BBC (“Ways of seeing”) co que, nun medio de comunicación tan potencial, pretendía romper coa barreira da intelectualidade e achegar a arte e a cultura visual ao público xeral. O seu grande éxito derivou na publicación en papel que hoxe vos recomendamos, toda unha crítica posmoderna á cultura e á estética occidental.

🖼️ Nela ponse de manifesto a manipulación da ollada e da imaxe, e analízanse aspectos relacionados coa cuestión da interpretación: a arte como propiedade, o papel da muller como obxecto pictórico, a pintura e a publicidade ou a transformación do significado da obra no marco da súa reprodución. Temas que aínda seguen vixentes a día de hoxe, e que nos levan a aprender a ollar doutro xeito unha obra de arte.

Velaquí a ligazón aos programas sobre os que versa este libro:
http://www.youtube.com/watch?v=1J-CXyx58T8…

Boa lectura! 🤓

O Vello Cárcere
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.